El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Unha persoa grave e outra leve nun sinistro na N-550 en O Faramello

E.P.   | 12.07.2018 
A- A+

Sobre as 17.00 horas da tarde de onte tiña lugar un accidente de tráfico na N-550 ao seu paso por O Faramello, no municipio de Rois. No sinistro víronse implicados dous vehículos e o accidente saldouse cun ferido grave e outro leve. Ata o lugar desprazáronse membros do GES, os servizos sanitarios e a Garda Civil de Tráfico.