El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A praza de Chavián de Bertamiráns terá unha observación astronómica

Será hoxe a partir das 22.45 horas e será gratuíta e para todos os públicos

A.P.   | 12.07.2018 
A- A+

O Concello de Ames e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, organizarán hoxe unha actividade de observación astronómica na praza de Chavián, en

Bertamiráns. Será a partir das 22.45 horas, é gratuíta e dirixida a todos os públicos. Será unha sesión astronómica na que os participantes van poder observar os planetas Xúpiter e Saturno e varias estrelas dobres.

Esta actividade atópase enmarchada no progrma Todocosmos, unha iniciativa de divulgación Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Dende o Concello sinalan que parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas.