El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O Parlamento pide unha investigación por vulnerar a normativa en San Finx

A comisión avaliou as queixas formuladas pola asociación Petón do Lobo en xaneiro

A.P.   | 12.07.2018 
A- A+

Onte a Comisión de Peticións do Parlamento Europeu avaliou novamente a queixa formulada en xaneiro de 2017 pola Asociación Petón do Lobo, integrada nas plataformas

ContraMINAcción e Vida e Ría ou Minaría, por vulneración de diversas directivas europeas na explotación mineira de volframio e estaño de San Finx, en Lousame. Concretamente, a queixa detallaba a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto mineiro en 2009, o abandono de dúas presas de residuos mineros, a gran afectación á actividade marisqueira e á saúde pública e a contaminación das augas con metais pesados, superándose no río varias veces os limites máximos permitidos para cadmio, cobre e cinc.

Onte a Comisión de Peticións aprecioba a existencia de fundamentos que apuntan a unha vulneración sistemática e xeneralizada da normativa europea, non só no caso da mina de San Finx, tamén noutras como as de Touro, Santa Comba ou Monte Neme. Por iso, acordou requerir á Comisión Europea o inicio dun proceso completo de auditoría.