El Correo Gallego

Noticia 9 de 9 noticia anterior de Tanto gusto Vídeos » Tanto gusto

Estará ata o domingo no Salón Teatro

Valle-Inclán: novo concursante de Gran Hermano

O Centro Dramático Galego presenta "Divinas palabras revolution", unha traxicomedia de aldea global que revisa, sen medo, o clásico de Valle-Inclán.

CARLOS ROMA-CORREO TV  | 27.04.2018 
A- A+

O Centro Dramático Galego leva "Divinas Palabras" ao mundo do reality show. Unha montaxe do clásico de Valle-Inclán que provoca e innova a esencia do texto. Xron, na dirección, e Manuel Cortés, na dramaturxia, son as artífices desta traxicomedia de aldea global. No reparto: Patricia de Lorenxo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. "Divinas palabras revolution", #DPR, segue a ser un retablo de avaricia, luxuria e morte.