El Correo Gallego

Noticia 59 de 59 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

A noria comeza a asomar na Alameda

O vindeiro sábado está previsto que comecen a funcionar as tradicionais atraccións que permanecerán na Santa Susana ata o 20 de maio.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 02.05.2018 
A- A+

Queda xusto unha semana para que arranquen as Festas da Ascensión. E só hai que botar unha ollada cara á Alameda para darse conta de que os festexos están moi preto. E é que xa se divisa o esqueleto da noria, a atracción estrela da Alameda. Son necesarios 5 días para a súa montaxe e son varios os operarios que traballan a reo para tela lista para o vindeiro sábado. E é que ainda que as festas comezan o día 9, as atraccións abrirán as súas portas o día 5 e permanecerán no céntrico parque ata o 20 de maio.