El Correo Gallego

Noticia 19 de 65 noticia anterior de Vídeos Vídeos

Un traballo sobre os lumes, Premio FAO para o IES Pontepedriña

After the fire (despois do lume) e o título do traballo gañador do galardón que outorga Nacións Unidas.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 13.06.2018 
A- A+

Os conselleiros de Educación, Román Rodríguez e de Medio Rural, Ángeles Vázquez visitaron este mércores o IES Pontepedriña para coñecer in situ o proxecto After the fire que ven de gañar o Premio FAO que outorga Nacións Unidas. O traballo foi realizado polos rapaces de 3º e 4º da ESO do centro educativo que se alzaron co galardón entre máis de 100 grupos de estudantes de todo o mundo. A iniciativa xira en torno a un elemento central que é o mural que está exposto ao público no propio instituto, xunto con paneis explicativos e un vídeo sobre o proceso de elaboración do mesmo, e que se irá completando con conferencias e visitas ás zonas queimadas.