El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

ELOS DE LECTURA

A tradición dos contos de sempre

La escritora Estefanía Padullés - FOTO: ecg
La escritora Estefanía Padullés - FOTO: ecg

14.08.2016 
A- A+

Estefanía Padullés, autora de O de- sexo do gato Klops (Hércules Ediciones, 2014), volve a atreverse cun conto que ten moito que ver coa natureza, a importancia da autovaloración e a tradición dos contos de sempre.

Nesta nova entrega, A canción do Sol (2016) recolle ese aire natural que xa emanaba de O desexo do gato Klops. Opta agora por utilizar animais como personaxes principais, por levar a cabo ilustracións feitas a man e por inventar historias que nada teñen que ver coas tecnoloxías ou reminiscencias do mundo moderno, converténdose así nunha obra que esperta a tradición dos contos de sempre, onde o que realmente importa é a moral e o visual.

A persistencia e o non darse por vencido forman unha parte importante do relato protagonizado polo galo Perico, quen representa un imprescindible papel no día a día da granxa, sendo o responsable de espertar ao resto dos seus compañeiros nada máis saír o Sol. Desgraciadamente comete o erro de quedar durmido e non chama o Sol, provocando unha gran problemática na granxa. Perico non dubida en enmendar o seu erro e abandona a granxa, iniciando unha viaxe en busca do Sol ata descubrir que non foi el o culpable. Os compañeiros aceptan o erro e consideran que o galo e o seu labor son imprescindibles para o correcto funcionamento da granxa.

Padullés utiliza cores cálidas que recordan a amizade e a importancia da unión entre os personaxes, que moito admiran o labor do seu compañeiro o galo. As páxinas recenden respecto á natureza, a importancia da ausencia da tecnoloxía e a chamada á imaxinación dos máis pequenos con coloridas e elaboradas ilustracións, que axudan a crear un percorrido visualmente orixinal polas aventuras do galo Perico.

A moralidade desta historia faina ideal para utilizar como ferramenta no ensino. O traballo en grupo, o rol que cada un desenvolve na sociedade, a importancia de asumir os propios erros e tentar de amañalos con fortaleza e convicción son leccións que este pequeno relato transmite aos máis novos. Por outro lado, a idea de respecto pola natureza e a importancia que todos temos no correcto funcionamento da nosa contorna, converte esta publicación nun complemento de aprendizaxe para diferentes materias do currículo educativo.

inesanchezdiazmarta@gmail.com