El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Representacións do mundo árabe na LIX

ROCÍO GARCÍA  | 29.04.2018 
A- A+

Os membros e colaboradores da Rede Temática "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" na súa última monografía publicada por Edicións Xerais de Galicia a finais do pasado ano, analizan a pegada da cultura árabe na LIX. Tras un interesante artigo teórico da profesora portuguesa Clàudia Sousa Pereira no que presenta o que se entende por mundo árabe e musulmán, acóllense cinco achegas panorámicas (castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca) do marco ibérico e dúas iberoamericanas (brasileira e mexicana). Logo ofrécense vinte e tres comentarios cara á formación lectora de obras representativas desta temática. Péchase o volume con dous artigos dedicados a comentar a representación do mundo árabe nas ilustracións da Literatura Infantil e Xuvenil e no cinema occidental. Unha boa obra que axudará á formación dos mediadores entre o libro, a lectura e a infancia. rocy_gp@gmail.com

Esta monografía estrutúrase nunha presentación, "Estudos e Notas" e "Recensións críticas", apartado que acolle oito recensións das máis recentes publicacións de e sobre Literatura Infantil e Xuvenil editadas en Galicia e Portugal.

É de salientar os nove interesantes estudos sobre a importancia do libro e da lectura na formación lingüística e a literatura da infancia prelectora ou que se inicia na lectura. Neles analízanse temas como a relación do lector co texto poético na primeira infancia, a importancia dos soportes materiais como xeradores de sentido, os libros formativos para prelectores, as tendencias da literatura contemporánea brasileira, as características do "livro-fantoche", o papel da familia no hábito lector, o proxecto "Sacos Temáticos" da Biblioteca Municipal de Ílhavo, os álbums de contos populares como primeiras lecturas e as adaptacións dos clásicos en formato pop-up para a infancia.

raquel.senfer@gmail.com