El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

ELOS DE LECTURA

Reedítase Cartas de inverno

E. AGRELO. LITER21-USC/ELOS  | 02.04.2017 
A- A+

Entre os meses de xullo e decembro do ano 1994, Agustín Fernández Paz estivo somerxido na elaboración da súa novela Cartas de inverno, que escribiu cunha sorprendente facilidade, a partir dos esquemas previos que acostumaba elaborar. A intensidade da súa historia motivou que Edicións Xerais de Galicia decidira publicala tres horas despois de que o orixinal chegase ás mans do seu director, Manuel Bragado, quen fcou fascinado ante esta achega narrativa que acadaría o Premio Rañolas en 1995.

A partir do anuncio das páxinas do xornal Faro de Vigo –“Vendo casa embrujada, absténganse curiosos y bromistas. Teléfono 762058– , da influencia que nel deixara Os mitos de Cthulhu, do Círculo de Lovecraft e da estrutura do xogo das matrioskas aplicado ás voces narrativas, Fernández Paz creou este relato de terror psicolóxico que foi seguido por unha lexión de lectores. Así, a fns do ano 2016, a editorial viguesa tiraba do prelo a súa 35.ª  edición para celebrar os 100.000 exemplares vendidos, unha cifra só superada no eido das letras galegas por Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

Esta edición conmemorativa inclúe un dos últimos textos revisados polo vilalbés, quen retocou o epílogo desta historia que agora aparece encadernada en flexibook e incorpora ilustracións orixinais de Antonio Seijas, artífce dunha novela gráfca baseada en Cartas de inverno. Máis alá destas innovacións, a súa prosa cinematográfca segue a cativarnos nesta relectura que volve poñer ao descuberto a importancia da amizade e a extraordinaria capacidade de Fernández Paz para ensamblar a cultura e a mitoloxía de noso coa escrita de autores clásicos da literatura de terror como E. A. Poe, F. Kafka ou H. P. Lovecraft.

A vertixe crecente de sensacións que arrastra o escritor Xabier e o pintor Adrián tamén motiva ó lector a avanzar atraído polos recursos de suspense habilmente situados. É este un lector que sofre e que participa na construción da historia, xa que moitas cuestións só están intuídas e o mesmo fnal resulta inconcluso. Velaquí un dos engados desta novela traducida ao castelán, catalán, éuscaro, portugués, bretón ou inglés e que foi seleccionada pola revista CLIJ como un dos mellores libros publicados en España no século XX.