El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

ELOS-USC

Primeira serie da Literatura Infantil e Xuvenil galega

Manuel Mandianes, fotografiado
Manuel Mandianes, fotografiado

MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ.   | 18.06.2017 
A- A+

A homenaxe o Día das Letras Galegas 2017 a Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) propiciu a reedición das aventuras protagonizadas por Toribio, a primeira da Literatura Infantil e Xuvenil galega. A pentaloxía contaba con escasos exemplares nos catálogos das bibliotecas e non se podía adquirir pola falta de exemplares no catálogo da Editorial Galaxia. Casares iniciou a serie en 1991 coas tres primeiras entregas, Este é Toribio, Toribio e o contador de contos e Toribio contra o profesor Smith; que seguiu en 1992 con Toribio ten unha idea e pechou en 1994 con Toribio revoluciona o tráfico.

A dobre páxina da narración textual de Casares e a visual de Penélope Ares permite considerar a serie como precedente do álbum, modalidade artístico-literaria destacada na Literatura Infantil e Xuvenil desde 1998 grazas a Kalandraka.

Os cinco volumes reflicten a escrita de Casares desde o debut, A galiña azul: innovación temática, relevancia do personaxe principal resaltado xa no título, pluralidade de personaxes que actúan como coprotagonistas, adxuvantes ou antagonistas do personaxe principal, tolerancia como actitude vital, xustiza poética sobre os opresores, humorismo amable, uso lúdico da linguaxe plasmado na creación de idiomas (Lingú, Lingua Autónoma Universal Dixitalizada) e inventos ocorrentes como O Lápiz das Cousas Imposibles, a Pantalla Universal Chismorrosa, a Rampla Extensible Retráctil.

As ilustracións de Penélope Ares achegan novos personaxes (unha ra e un ratiño engadidos na maioría das escenas) á trama, características dos inventores profesores amigos de Toribio, o protagonismo do neno inventor ben polo seu tamaño fronte aos personaxes secundarios ben por amosalo en primeiro plano da dobre páxina e a importancia do desenvolvemento científico acadado xa nos anos noventa.

Na reedición suprímese a franxa “primeiros lectores” á que se dirixíu a edición orixinal, múdase o tamaño dos libros (cara a un formato máis rectangular e apaisado fronte ao tamaño cadrado de franxa exterior de cor vermello), auméntase o tamaño da letra para facelo máis acaído para o lectorado inicial e retócase o fondo e tamaño das ilustracións, conseguindo así a intrínseca unidade texto/imaxe, definitoria do álbum. margramanet2004@yahoo.es