El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

“A nova arquitectura ten que ser dialogante”

Unha aposta de proxectos baseados en amosar unhas obras útileS e necesarias son as principais claves da bienal internacional de venecia, comisariada polo profesor galego Carlos Quintáns

O comisario Carlos Quintáns en Venecia durante a inauguracion da Bienal
O comisario Carlos Quintáns en Venecia durante a inauguracion da Bienal

P. FRANJO (VENECIA)   | 12.06.2016 
A- A+

"Eu o digo sempre, a Catedral de Santiago, a Alhambra de Granada, ou o palacio de Carlos V son tres exemplos de arquitectura inacabada e de evolución constante". Con estas tres realizacións históricas argumenta o arquitecto muxían e comisario do pavillón de España na Biennale de Venecia, Carlos Quintáns (Senande, 1962) a proposta da delegación española que obtivo o León de Ouro ó mellor pavillón. Os eixos fundamentais serían a exposición dunhas construccións "útiles, amables, para amosar, e lonxe da arquitectura de autor".

Dende o punto de vista máis técnico, o tema que se lle deu este ano á Mostra da Biennale é 'Reporting from the Front', (Informando dende o Fronte), ¿Cal sería para vós precisamente esto e cal é o enemigo a batir?

Hai como un apelido que é o que nos pon Alejandro Aravena en decembro, na que nos da este título e explica dalgunha forma o que quere conseguir. E isto é que cada país, dalgunha forma, expoña un problema e dé unha solución; tal como se di nestes momentos un caso de éxito. Digamos: unha proposta para que sirva de exemplo para outros países. A batalla está aí; onde están as solucións: é dicir, como temos que avisar ao resto dos países.

¿Qué é o que puido diferenciar a España, en comparación cos outros pavillóns, para que o noso discurso se fixera co León de Ouro?

Supoñemos dalgunha forma que unha das apostas fundamentais que queríamos que se notase é que éramos moitos os que alí aparecían. E logo eu creo que o discurso estaba perfectamente claro. Que non había trampa en ningún momento, que todo tiña unha lóxica. Eu creo que esa era como a parte fundamental.

Temos na Biennale seis propostas presentadas por profesionais galegos, cinco delas en Galicia; e un proxecto premiado no concurso de ideas. Son obras públicas (mirador, porto, centro de promoción e museo) e privadas (casa e piscina). Pero teñen algún denominador común?

Cada unha está metida nunha categoría. A selección é absolutamente consciente de que teñen que ilustrar esas categorías das que estamos a falar. Entón... ahí hai elementos en común, pero tamén lóxicamente moitas discrepancias, porque se non poderíamos poner simplemente unha obra para exponer todo o plantexamento. Pero hai 55, e cada unha delas ofrece miradas enfrontadas nalgunha dirección que nos interesa.

¿Pero aquelo que é galego, ten algo en común? Ou básicamente, todas as obras do Estado español sigue máis ou menos as mesmas directrices?

Máis ben non. Unha das cousas que eu detecto -pero igual que pasa sempre, e que pasou coa arquitectura de hai anos-, que hai un soporte, que é a parte educativa, a enseñanza, que é moi distinta en España con respecto ao resto do mundo, que o que fai é unha unidade. De feito, hai algunas escolas que ao mellor case non teñen representación entre todos os arquitectos que alí aparecen; porque son escolas discrepantes con ese plantexamento xeral. Evidentemente hai algunhas que ao mellor están a facer outro tipo de cousas. Eu creo que o que une todo esto é unha formación. E, por outro lado, unha realidade, a que temos aquí: a realidade económica e a realidade técnica da que dispoñemos. Por tanto iso paréceme que é máis importante. Hai xente que pensa que hai algunas unidades territoriais que teñen máis fundamento. Eu creo que non. Todos estamos igual de capacitados e todos temos o pensamento de poder traballar dunha forma clara. en calquer territorio, e por iso España ten un territorio tan amplo, unha xeografía e un clima tan variado, e unha historia tan impresionante.

Como responsable da selección das obras, ¿ Qué mensaxe lles darías aos xóvenes arquitectos?

Optimismo... Primeiro, que hai futuro. É dicir, que dalgunha forma veñen a recoñecer dende fóra que se interesan por nós. E a outra enseñanza é que nós falamos fundamentalmente de arquitectura. Esta é unha mostra de arquitectura, e eso eu creo que é bastante importante, ¿non?

Un usuario calquera que pode aprender do pavillón español?

O primeiro e fundamental é que a arquitectura que se mostra é para ser usada. E unha arquitectura para ser amosada, para que se mostre todo o que ten; para que non se escondan as súas realidades matéricas. Eses son os dous aspectos que me parecen máis importantes. E despois, dalgunha forma, a tranquilidade que transmite esta arquitectura, aínda que para moitos, para min tamén, é unha arquitectura radical a que alí mostramos; pero eu entendo que é unha arquitectura amable, non é de autor. É unha arquitectura que se pode compartir, que se pode falar, que non é autoritaria, que é dialogante. Con todo: cos usuarios, co entorno, co clima... Non é unha arquitectura autónoma. Como era ata agora. É dicir... ten algunha desas condicións unha arquitectura de Zaha? Non. Ningunha. E a arquitectura de Zaha é acabada, finita; non pode ser doutra forma. Nós o que dicimos é que a arquitectura pode terse que transformar, ten que ir cambiando en función dos usos que teña e das situacións que nela se vivan.

E finalmente, o galardón vén despois de meses de traballo e a típica pregunta. ¿Cal foi o voso sentimento é que pode significar?

En primeiro lugar, sorpresa. Lóxica, porque vas aí e nunca supós que vaia a ter unha viabilidade, que iso poida ser posible. E segundo, o pasado xoves falábamos na entrega do León de Ouro á Ministra de Fomento, Ana Pastor, que isto é un cambio de ciclo. É unha incitación ao optimismo. Sobre todo porque todo mundo entende que isto é seu; é dicir, non é unha cousa de dous nin do Ministerio únicamente, senón que isto é de moita moita xente.

seis proxectos

galegos