El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

O nodo levaba traxe galego

A investigación dunha compostelana define o termo galaiquismo como imaxe simbólica de Galicia

05.02.2017 
A- A+

O uso do nodo como ferramenta de lexitimación política e o folclore galego como estereotipo e símbolo principal dunha Galicia tribalizada, son as dúas claves do traballo de investigación da etnomusicóloga e antropóloga compostelana, Beatriz Busto Miramontes. Cun traballo de campo de máis dunha década, o estudo do nodo, en clave musical, reflexa máis de tres décadas de proxeccións da Galicia típica convertida nunha arma cultural ó servizo de fins políticos. Unha continua propaganda institucional, relixión e peregrinaxe e instrumentalización turística son tres das claves das cincuenta horas de celuloide dedicadas as terras de Galicia.