El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

En 'Mentira' lógrase endereitar unha vida incerta

Care Santos e capa da súa obra ‘Mentira’
Care Santos e capa da súa obra ‘Mentira’

MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ  | 07.08.2016 
A- A+

Mentira, xuventude, abandono dos estu dos, primeiro amor, baixa autoesti ma, paixón pola lectura, covardía, amizades tóxicas, vivir sen normas, - -

centro de reforma para menores, falsa identidade virtual, asasinato xuvenil e autoafirmación constitúen os alicerces da galardoada novela Mentira (Rodeira, 2015), Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2015, da destacada e traducida Care Santos (Mataró-Barcelona, 1970).
Esta crítica literaria posúe unha abondosa obra Esta crítica literaria posúe unha abondosa obra infantil, xuvenil e para público adulto na que trata
temáticas e tópicos vinculados a diferentes conflitos sociais, que xorden na contorna próxima aos protagonistas e repercuten na súa actitude persoal para afrontar o futuro. Son bos exemplos a obra infantil O álbum de Jumbo (Xerais, 2008, ilust. Subi) e a xuvenil Mentira, ademais doutras galardoadas pero aínda non verquidas ao galego: a infantil Se vende mamá, Premio Barco de Vapor 2009, e as xuvenís Hot Dogs, Premio Gran Angular 2000 e Premio Protagonista Jove 2000-2001, na categoría 13-14 anos; La luna.com, Premio Edebé de Literatura Juvenil 2003; Los ojos del lobo, Premio Gran Angular 2004; El anillo de Irina, Premio Alandar de Literatura Juvenil 2006; Un camí dins la boira, Premio Ramón Muntaner de Literatura Juvenil 2006; e Amaranta, Premio Jaén de Literatura Juvenil 2014.
Care Santos mestura trazos da novela de formación, de intriga psicolóxica, detectivesca e crea en Mentira unha estrutura cíclica e un final aberto
á esperanza, grazas á implicación sen prexuízos dunha adolescente, Xenia, antagonista do mozo protagonista Éric. Ansiosos de respostas verdadeiras ás súas dúbidas identitarias, establecen unha relación virtual desde o foro lector dunha páxina de Internet, e iso permítilles transformar os seus conflitos e atopar a liberdade persoal.
Mentira constitúe unha reescrita ideolóxica da rebeldía da adolescencia, presente na controvertida obra O vixía no centeo (1951), de J. D. Salinger.
Aparece un constante diálogo intertextual, constatado na cita inicial, na estrutura interna de Mentira e nos títulos das tres partes: “Salinger”, onde Xenia presenta a trama; “Holden”, como o icónico protagonista, do que é trasunto Éric, onde se reproduce a carta-caderno “Un comezo”, que envía á moza
para exporlle as razóns da súa falsa identidade; e “Os patos no inverno”, un final aberto ao primeiro amor, e para revisar o caso xudicial e aplicar a xustiza poética sobre Éric. margramanet2004@yahoo.es