El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Marga toxo publica un poemario magnífico

Marga Toxo - FOTO: X.F.
Marga Toxo - FOTO: X.F.

X.F.  | 18.12.2016 
A- A+

Un amigo portuense, Viale Moutinho, suliñaba unha vez unha realidade palpable: os países máis puteados son os que dan millores poetas. Tratábamos de Galicia, claro, e falábamos de Cunqueiro naquela ocasión. Pero podíamos ter a Santa Lucía en mente, por exemplo, e referirnos a Derek Walcott (un Nobel de Literatura tan raro como Dylan). Ou de Seamus Heaney e Irlanda. Pois ben. Eiquí, desde Afonso O Sabio ata hoxe hai un liña que se mantén, e que se chama luminosidade, pero podería chamarse abrente, ou resol, ou lóstrego. A última en demostrar a permanencia desa caste de raio láser eterno é Marga Toxo. Lean iste Últimos bruídos. Ela cita a Anne Sexton, a de The Death Notebooks. Pero un tendería a situala máis atrás. ¿Por qué me lembrará tanto a Hildegard Von Bingen? ¿Pola honestidade? ¿Polo excelso? Sí. Claro... XF