El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

O lapis máis galego na Bienal de Venecia

Seis proxectos realizados por arquitectos da nosa comunidade figuran no pavillón de España, que obtivo o León de Ouro ó mellor stand nacianal na recoñecida mostra mundial de aquitectura

Os comisarios Iñaqui Carnicero e Carlos Quintáns co León de Ouro, e no medio, o arquitecto chileno e premio Pritzker, Alejandro Aravena
Os comisarios Iñaqui Carnicero e Carlos Quintáns co León de Ouro, e no medio, o arquitecto chileno e premio Pritzker, Alejandro Aravena

12.06.2016 
A- A+

Baixo o comisariado do arquitecto muxián Carlos Quintáns e o madrileño Iñaqui Carnicero, o pavillón de España Unfinished obtivo o León de Ouro ó mellor stand nacional na XV Biennale de Arquitectura de Venecia. Os traballos se­leccionados plantéxanse amosar as respostas actuais que a arquitectura proporciona á crise económica e do sector da construcción en España a través de novas estratexias. Cunha duración de seis meses, a mostra exhibirá ata novembro as obras escollidas por 88 participantes de 37 países, nas que se expoñen seis propostas de grandes mestres galegos e que convirten o certame nunha ocasión especial para Galicia, que foi atestiguada pola propia ministra de Fomento, Ana Pastor a quen os responsabeis entregaron o galardón o pasado venres. Por prestixio e historia, a Biennale é a cita máis importante do ano no mundo da arquitectura. A edición deste ano, Reporting from the front (Informando desde o fronte) co chileno Alejandro Aravena como comisario principal e recente premio Pritzker, cobra un sentido especial, xirando a atención cara as construccións nacidas da necesidade e a falta de recursos.