El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Fantasía e realidade en 'un mounstro vén a verme

ROCÍO GARCÍA. USC/ELOS  | 22.01.2017 
A- A+

As relacións entre cinema e literatura esti veron sempre marcadas pola polémica na eterna busca da resposta á pregunta máxica: é mellor a película ou o libro? - Quizais un dos maiores erros foi non interpretalas como manifestacións artísticas diferenciadas que, aínda tendo como obxectivo común contar unha historia, o fan desde distintas linguaxes, a audiovisual ou a palabra escrita. Sen ir máis alá en tan antiga dicotomía, o certo é que o cinema lle debe á literatura ter inspirada unha gran parte das súas cintas e, como sucede coa obra aquí recensionada, moitas historias escritas
en libros gañaron novos lectores e proxectáronse con forza ata a actualidade grazas á súa adaptación cinematográfca. Sen saber aínda que lle depara o futuro a esta novela, a expectación que espertou a película dirixida por Juan Antonio Bayona baseada no libro de Patrick Ness (Estados Unidos, 1971), fxo posible que agora poida lerse en galego Un monstruo vén a verme (2016),  publicado na colección “Narrativa K” de Factoría K de Libros e traducida por Xesús Fraga (Londres, 1971). A idea orixinal foi concibida pola escritora Siobhan Dowd (Reino Unido, 1960-2007) quen tiña a premisa, os personaxes e o comezo, pero o cancro levouna moito antes de ter a obra rematada. O protagonista da historia é un neno de nome Conor que se enfronta á maior e máis temible adversidade: a realidade. Para poder facerlle fronte contará coa axuda dun monstro que o vén visitar para contarlle tres historias antes de que fnalmente sexa hora de que Conor conte a súa propia. Cada un dos relatos axudará ao protagonista a entender mellor a vida e os seus matices.

Conor é un neno con moitas pantasmas produto do cancro que padece a nai, o abuso escolar que sofre por parte dos compañeiros e a incomprensión das actitudes e reaccións dos demais  adultos ao seu arredor como o pai e a avoa. Conor non ten idade xa para crer en monstros e seres fantásticos, mais descobre que non hai maior realidade que a que se agocha tras os produtos creados pola imaxinación cando a persoa se enfronta a unha situación ou vivencia que non consegue entender ou procesar.

Nesta obra é posible observar como o clásico personaxe fantástico do monstro deixa atrás a súa faceta como “asustanenos” e se converte nun amigo e compañeiro na superación do trauma, provocado por unha enfermidade que tantas vidas rouba cada ano, como é o cancro.
rociopedreira@outlook.es'