El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Contracampos

'Todo o que se fai por amor fáise máis alá do ben e do mal'. A frase pertence a alguén pouco dado, precisamente, a falar de sentimentos doados. O seu era, en esencia, un referente tráxico. Falamos de friedrich Nietzsche. O que CONTAMOS hoxe supera barreiras. Non se trata de amor (aínda que sexa un dos componentes esenciáis do problema), sinon de necesidade. É a de establecer certos vínculos indisolubles con aqueles que son invisibles. Si o conseguimos, seremos moito millores... E FELICES...

XURXO FERNÁNDEZ/MONSE CEA  | 14.01.2018 
A- A+

A MODO DE LIMIAR
Cómo me presento? é un proxecto de creación visual que ten como soporte a fotografía. Persoas con TEA e personalidades destacadas da sociedade galega, preséntanse e represéntanse, da man do colectivo de fotógrafos La Diapo, formado por Esteban de la Iglesia e Manu Suárez.

O proxecto foi comisariado por Monse Cea.

Esteban de la Iglesia, interesado polo limiar entre o preeminente e o invisible na nosa sociedade, estandarizada pola tiranía das imaxines arquetípicas de medios e rede, pretende, nesta ocasión, dar visibilidade ao colectivo de persoas con autismo.

Cómo me presento? segue a Miradas que falan. E estamos preparados para máis. Moito máis...

A sensibilidade do autor para con este colectivo, fai que pense en exceder o ámbito do retrato fotográfico tradicional, non exercendo como fotógrafo ao uso: convida ás propias persoas con TEA a que retraten a outras persoas, tratando de empoderalas mediante un acto creativo.

O proxecto Como me presento?, organiza 17 encontros entre persoeiros destacados na sociedade galega, coñecidos e recoñecidos, e persoas invisibilizadas pola súa diferenza.

A Diapo rexistrará todo o proceso de interacción entre os e as protagonistas, entendendo que por medio da arte, poden crearse acontecementos significativos cuxos valores simbólicos paga a pena transmitir publicamente mediante unha exposición.

O traballo desenvolveuse coa colaboración dunha grande cantidade de actores: a Federación Galega de Autismo, o colectivo de persoas autistas, os e as traballadoras dos seus centros de ensino e centros residenciais, os modelos e as modelos a fotografar a mais de contar coa colaboración de entidades públicas diferentes que ceden os seus espazos para as sesións de fotos.

A acción arranca con unha serie de talleres, onde o equipo da Diapo coñecerá a unha escolla de persoas con Tea, orixinarias de distintos lugares de Galiza. As sesións son desenvolvidas nos seus centros de referencia. A actividade, consisten nun primeiro contacto cos rudimentos da fotografía profesional, coa fin de realizar as sesión formais desenvolvidas cos persoeiros a retratar.

De la Iglesia e Suárez, rexistrarán o proceso de encontro das persoas con TEA cos seus modelos e o contexto no que se desenvolven as sesións fotográficas. Cubrirán simbolicamente un acontecemento artístico do que son creadores e partícipes a un tempo.

Esta obra de arte coral, pretende facernos reflexionar sobre os aspectos que enuncian a nosa identidade social, levando, tanto a persoas autoras como as espectadoras, a enunciar a pregunta que da título ao proxecto:
Cómo me presento?

OS LÍMITES DO CONTRACAMPO

Ángel Carracedo (arriba) é non só un científico de proporcións colosais, senon home de trato moi afable. Pasóulle exactamente o mismo que ó resto dos retratados: que a experiencia de aproximación ó seu fotógrafo puntual (neste caso, Jimmy Frausto Ferradáns) foi extraordinaria. Pero, quénes eran os outros invitados a esta peculiar celebración? Houbo un pouco de todo. Todos eles, persoeiros moi recoñecidos nos seus respectivos eidos profesionáis: Luís Tosar, Alba Galocha, Budiño, Pepe Solla, Leiro, César Portela, Sés, Soledad Penalta, Miguelanxo Prado, Víctor Freixanes, Cristina Mantilla, Ledicia Costas, Evaristo Nogueira, Eva Dafonte, Patricia Vázquez, Sofía Toro...