El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Contando de un a dez con Maurice Sendak

SARA REIS / UMINHO/ELOS/LIJMI  | 11.03.2018 
A- A+

Kalandraka saca do prelo O un era Xoán. Un libro para contar de Maurice Sendak (1928-2012), orixinalmente publicado en 1962. Partindo dun momento de lectura en sosego, solitaria, silenciosa e individual, Xoán vive a entrada en escena de varios personaxes animais (rato, gato, can, tartaruga, macado, merlo e tigre) e un ladrón, que sorprende ao protagonista. A solución para a algarabía é contar de atrás para adiante, de modo que van saíndo os "invasores", deixando que Xoán lea atentamente. Xógase coa gradación crecente e decrecente, coa secuenciación numérica que coincide cos momentos actanciais e coa introdución dos personaxes. Salienta a fixeza do escenario, un plano fixo frontal no que se representa sempre a Xoán ao que se van sumando detalles visuais, estratexia próxima ao rexistro cinematográfico. Divertido exemplar para o coñecemento dos números e reencontro co extraordinario Sendak. sara_silva@ie.uminho.pt