El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

COMPOSTELA 2016 : nova cita coas músicas do mundo

A gran feira mundial dos sons étnicos retorna a Santiago, que entre os días 19 e 23 de outubro será unha privilexiada caixa de resonancia para músicas dos cinco continentes. A cidade xa colgou o 'sold out' ante a visita de máis de 300 intérpretes e setecentas empresas. A festa está a piques de empezar.

TEXTO FERNANDO FRANJO. DISEÑO C.BOTANA.   | 16.10.2016 
A- A+

Máis de 3.500 persoas de case cen países asistirán en Compostela á nova edición do Womex, a maior feira profesional de música étnica do mundo, que celebrará a súa vixésimo segunda edición na capital de Galicia entre os días 19 e 23 deste mes de outubro.

O mercado profesional de música internacional máis importante do mundo, segundo a definición da Unesco, recala novamente en Compostela. Os obxectivos que se marca a feira son fundamentalmente dous. En primeiro lugar, a promoción a escala mundial das músicas tradicionais, a visibilización internacional de España, e de Galicia en particular co fin de promover Compostela como capital cultural e a fomentar unha plataforma de negocio e intercambio cultural.

Na larga nómina de cidades que acolleron a feira, Compostela é a máis pequena na que se instalou o Womex nos seus 22 anos e historia. Logo do éxito obtido en 2014, Compostela recolle o testigo do ano pasado en Budapest e convirte a capital de Galicia nun punto de encontro turístico e económico e o centro do panorama musical de todo o mundo, coa presencia dun 90% de delegacións procedentes de fora do estado.

O público de Compostela poderá escoitar, unha auténtica mistura de sons entre os que destacan algunhas atractivas ofertas como o jazz latino de Edmar Castaneda (Colombia) os sons soul de Faada Fredy (Senegal), o flamenco de La Negra (España), o fado de Gisela João (Portugal) e a música acústica de Derek Gripper (Sudáfrica). Son soio algunhas das máis de trescentas ofertas que proceden de cuarenta países, desde Xapón ata Portugal, pasando por Mauritania, Finlandia, Macedonia, Uzbekistán, Colombia, Canadá ou China, entre outros. Como ocorreu hai dous anos destaca de xeito especial a presenza de artistas africanos, de enorme calidade como José Mucavele (Mozambique), Trio da Kali (Mali) ou H'São (Chad).

A feira terá dous bloques. O chamado DayWomex, que terá lugar no Museo Centro Gaiás, no que se instalarán 290 stands con máis de 700 empresas e no que están previstas actividades como conferencias, networking, coloquios ou sesions de cine.

Os actos empezarán na noite do día 19, co Opening Womex Awards ou sesión de apertura que dará a benvida ós profesionais que participan no evento. Asistirán como invitados Kepa Junquera, María Arnal & Marcel Bages e Carmen París e os galegos Cuarteto Caramuxo e Talabarte.

Dende un principio a elección do complexo do Gaiás para as actividades de Womex 2016 supuxo un aval a esta infraestructura no seu compromiso de convertirse nunha ferramenta de dinamización da cidade, que xa colgou o cartel de completo nos seus locais hosteleros. Baixo a organización de Piranha records, como entidades petrocinadoras figuran a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña e a empresa Mahou.

A música propiamente dita chegará polas noites, no NightWomex, no que cidade servirá como escenario prilvilexiado a sesenta concertos, a maioría deles abertos ó publico, en distintos espazos do casco histórico como a praza da Quintana, o Auditorio de Galicia, Auditorio Abanca, teatro Principal, Salón Teatro e a Sala Capitol.

O maior escenario aberto ó publico será a carpa da Quintana con seis concertos cada noite (a un prezo de 20 euros), nos que se podrán ver 18 bandas da selección oficial, elixidas por un xurado internacional entre as máis de 1.400 candidaturas.

REPRESENTACIÓN GALEGA. O pasado mes de xullo presentáronse os tres grupos galegos que participarán en Womex 2016. En primeiro lugar, Radio Cos, foi elixida dentro da Sección Oficial. Por outra banda, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, dous estilos que neste caso saen xuntos ó escenario para reinterpretar a tradición galega e finalmente Javier Narf participará xunto ós mozambiqueños Timbila Muzimba nun proxecto de diálogo cultural entre Galicia e África.

ffranjo@elcorreogallego.es

Programación aberta ó público

CARPA DA QUINTANA. Selección ofcial.
Xoves 20: Maia Barouh (Xapón/UK), Faada
Freddy (Senegal/Francia), Trad. Attack!
(Estonia), NY Gypsy All Stars (Macedonia
/ Turquía / Grecia / USA), MHD (Francia),
Puerto Candelaria (Colombia).
Venres 21: Bixiga 70 (Brasil), Mehdi
(Marrocos), La Negra (España), Oligarkh
(Rusia), Throes + The Shine (Angola/
Portugal), Dudu Tassa & The Kuwaitis (Israel).
Sábado 22: Bargou 08 (Tunisia/Bélxica),
United Vibrations (UK), Noura Mint Seymali
(Mauritania), Jupiter/Okwess (Congo), Kondi
Band (Serra Leoa), Radio Cos (Galicia)
AUDITORIO ABANCA. Selección ofcial:
Xoves 20: Black String (Corea do Sur), The
East Pointers (Canadá), Okra Playground
(Finlandia)
Venres 21: Delgres (Guadalupe /
Francia), C4 Trio (Venezuela),
Bella Ciao (Italia).
Sábado 22: Edmar
Castaneda Trio
(Venezuela),
Gisela Joao
(Portugal),
Adnan Joubran
(Palestina/Francia)
TEATRO PRINCIPAL.
Atlantic Connections.
Xoves 20
: Bareto (Perú), Niño de
Elche (España), Xarnege (País
Vasco).
Venres 21: Xabier
Díaz (Galicia),
José Mucavele
(Mozambique), Nakany Kanté
(Cat).
Sábado 22: Narf & Timbila
Muzimba (Galicia/Mozambique),
Quinteto Bataraz (Arxentina), Pascuala
Ilabaca y Fauna (Chile).
SALÓN TEATRO. Off WOMEX.
Xoves 20: Le (Puerto
Rico), Reyfado Lisboa
(PT), Les Tireux
D’Roches (Quebec)
Venres 21: Boogat (Canadá/
México), Quique Escamilla
(México/Canadá), H’Sao (Chad/
Canadá)
Sábado 22: Nomade Orquestra, A.
Assumpçao (Brasil), Maltese
Rock (Xapón).
SALA CAPITOL. DJ Summit.
Venres 21: DJ Rachael (Uganda), Acid
Arab DJ Set (Francia).
Sábado 22: El Remolón (Arxentina), H.A.T.
(Marrocos/USA), DJ Satelite (Angola/PT)