El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Complexo Ambiental Miramontes impugna a demagoxia e manipulación coa que "expertos" abordan os procesos de tratamento das instalacións de Grixoa

Reiteran que o complexo leva operando dende hai oito anos e que osprocesos realizados nas instalacións contan con tódalas autorizaciónsadministrativas e ambientais precisas.Defenden que ás actividades vencelladas ó plan de restauración do antigooco mineiro apenas lle restan tres anos á par de ser sostiblesimpugna a demagoxia e manipulación coa que "expertos" abordan os procesos de tratamento das instalacións de grixoa

COMPLEXO AMBIENTAL MIRAMONTES.  - FOTO: COMPLEXO AMBIENTAL MIRAMONTES.
COMPLEXO AMBIENTAL MIRAMONTES. - FOTO: COMPLEXO AMBIENTAL MIRAMONTES.

BENITO G.CARRIL. DIRCOM COMPLEXO AMBIENTAL MIRAMONTES.   | 25.06.2017 
A- A+

Ante o cúmulo de inexactitudes, no mellor dos casos, do artigo 'Apuntes', publicado no suplemento dominical de EL CORREO GALLEGO, firmado polo profesor de Ensino Secundario, Xosé Antonio Grela, o Complexo Ambiental Miramontes lamenta a manipulación da realidade sobre os procesos que se están levando a cabo nas instalacións. Os xestores do Complexo rexeitan, por pouco documentadas e irreais, as críticas que chegan tras oito anos de actividade. Unhas acusacións que caen en incorreccións á hora de facer referencia ós procesos que se levan a cabo no complexo e que se afastan, en gran medida, da realidade destas instalacións.

Logo destes inxustificados e incongruentes reproches, o Complexo Ambiental Miramontes, situado na parroquia compostelá de Grixoa, reitera que conta con tódalas autorizacións administrativas e ambientais preceptivas tanto de ámbito municipal como autonómico precisas para os procedementos que desenvolven neste espazo e que inclúe tanto a extracción de áridos naturais como o proxecto de recheo do antigo oco mineiro, agora en desuso. Un proceso, este último, no que ademais, cóntase con tódolos permisos necesarios xa dende a súa posta en marcha no 2008 así como as correspondentes licenzas. Así, o que para algúns parece ser "un veciño novo" foi unha convivencia de oito anos, no que os responsables do Complexo non recibiron ningún tipo de queixa ó respecto, nin por parte de veciños nin doutros colectivos, ata o pasado mes de maio que a noticia quedou recollida neste xornal e noutros diarios dixitais. Un proceso, o de rexeneramento do antigo oco mineiro tralo esgotamento da súa explotación, ó que ademais, apenas lle restan tres anos para chegar á cota de restauración total do antigo oco mineiro. De feito, xa se levaron a cabo restauracións parciais de determinadas zonas desta área danada.

Inspeccións periódicas. Fronte as sospeitas infundadas que agora afloran en determinados círculos, dende o Complexo Ambiental Miramontes, remítense a ofrecer datos sobre o que foi a súa xestión ó longo destes oito anos dende a posta en marcha do Plan de Restauración, liña de control exhaustivo na que continúan . Desde os seus inicios e dende a posta en marcha da instalación, véñense realizando tanto inspeccións periódicas como analíticas de auga, por parte da propia Xunta de Galicia que ata a data non detectaron ningún tipo de contaminación ou irregularidade relacionada coa xestión do vertedoiro de residuos industriais non perigosos. Cabe matizar que, estas analíticas van continuar no tempo. Resulta, cando menos paradóxico, que se inquira en posibles focos de contaminación de mananciais cando o Complexo conta coas correspondentes Autorizacións Ambientais Integradas de canteira e vertedoiro, o que implica un seguimento exhaustivo da actividade e inspeccións periódicas que avalían estes.

Así, en concreto a actividade da xestión de residuos no depósito de seguridade lévase a cabo cos máis altos estándares ambientais europeos, sendo esta instalación referente para o sector tanto a nivel autonómico como estatal, ademais de superar os requirimentos que fixa a lexislación de ámbito europeo, estatal e autonómico e contar con tódalas autorizacións necesarias.

A instalación conta con Autorización Ambiental Integrada, autorización que obriga a velar polo cumprimento de valores moi restritivos, e na xestión das augas pluviais e residuais, nas súas emisións atmosféricas e na conservación da calidade do solo onde se asenta a actividade. Trátase dun depósito de seguridade (perfectamente illado do chan) no que só se depositan residuos autorizados pola Administración. Conta ademais con procedementos de osmose inversa - a máis avanzada tecnoloxía-, decantación e filtrado que permiten a depuración e vertido das augas cunha calidade igual, e en casos superior á dos cursos fluviais do entorno.

Estado de "desinformación". Un artigo que non fai outra cousa que recoller as "desinformacións" vertidas nos últimos días. Así, dende o Complexo Ambiental Miramontes lamentan igualmente o "estado de desinformación" que se xerou debido a un posicionamento no que se falsea a realidade por parte do Bloque Nacionalista Galego. Unha formación á que - ó igual co resto de forzas políticas presentes no Concello de Santiago- o complexo fixo un ofrecemento aberto para acceder a toda a documentación así como a posibilidade de visitar as instalacións para coñecelas antes de caer en críticas ou formular hipóteses que son claramente indocumentadas e que se afastan da realidade.