El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

CEPILLO: UN PARTiCULAR E MÁXICO COMPAÑEiRO DE XOGOS

MARÍA VIDAL FRANCO.USAL  | 23.10.2016 
A- A+

Pere Calders (Barcelona, 1912-1994) é un referente na literatura en lingua catalá. Coa súa obra Cepillo, considerado un clási co da literatura infantil catalá, gañou diver- - sos premios desde a súa publicación, tales como o Premio Lazarillo de Ilustración en 1981, o Premio Serra d’Or (1981) e o Premio Generalitat de Catalunya (1982). Inspirada na vida cotiá dunha familia corrente, mergúllanos nun mundo fantástico no que a imaxinación infantil se impón á realidade adulta. Kalandraka vén de ofrecer a 2ª edición en galego na colección MareMar, despois de ser publicado por Edicións Xerais de Galicia en 1989 con ilustracións de Xaquín Marín, e que agora recupera as ilustracións de Carme Solé i Vendrell (Barcelona, 1944). O argumento relata a historia dun neno ao que a súa familia, dun xeito insensible, separa do seu cadelo Turco. Para substituír o entretemento que este lle proporcionaba, emprende a procura doutro compañeiro de xogos. Logo de moitos intentos estrambóticos, o neno atopa un cepillo no faiado da súa casa. Co tempo observará que semella ter vida propia: dun modo máxico o obxecto compórtase coma un can sen deixar de ser un cepillo e, a partir dese momento, convértese no seu fel amigo. Cando llelo mostra aos seus pais, estes insisten en que debe poñer os pés na terra, na realidade da vida. Ao fnal do relato, un feito imprevisto daralle a razón ao pequeno protagonista. O álbum presenta ilustracións de aspecto clá- sico, que evocan a estética das primeiras décadas do século XX. As cores son suaves; as formas, redondeadas e amables; e a sinxeleza dos elementos axuda o lector a visualizar a historia con gran naturalidade. Este álbum ilustrado amosa como o poder da imaxinación e da ilusión é esencial na vida dos nenos. O protagonista responde ao perfl dun neno solitario e con moita inventiva. A súa creatividade fai posible unha realidade alternativa máis tenra, capaz de encher o baleiro que lle causa a perda de Turco, o seu cadelo, con algo tan simple como un cepillo vello. Outro aspecto importante que se pon de manifesto é a empatía, o sentimento humano que nos permite relacionar como seres sociais, moi presente na relación entre o neno e o cepillo. Incluso os pais tamén chegan a simpatizar co novo compañeiro do seu fllo. Esta conmovedora historia vai dirixida a un público infantil, que sempre é quen de entender as conexións entre o mundo da fantasía e da realidade.