El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Cambio na galaxia editorial

Unha foto histórica. A Asamblea fundacional de Editorial Galaxia, o 25 de xullo de 1950, nos baixos do Hotel Compostela. 
 - FOTO: Fundación Otero Pedrayo.
Unha foto histórica. A Asamblea fundacional de Editorial Galaxia, o 25 de xullo de 1950, nos baixos do Hotel Compostela. - FOTO: Fundación Otero Pedrayo.

22.01.2017 
A- A+

A Editorial Galaxia é historia viva de Galicia. É símbolo de Galicia. A nosa cultura non pode entenderse sen ela. A identidade deste país latexa, en gran parte, nas páxinas publicadas por Galaxia. E existe, sen dúbida, unha corrente fluída e abundante que alimenta a sociedade e a cultura galega e que circula desde o berce de Galaxia, desde a súa montaña, desde o seu manancial, até os lugares mais afastados deste país. Galaxia é unha gran obra, e tamén unha obra delicada que hai que preservar. Desde 1950 a editorial converteuse nun dos grandes fogares culturais dos galegos e da súa lingua. Hai nomes imprescindibles naquel nacemento, nomes que brillan na galaxia desde o principio: Otero Pedrayo, naturalmente, como Xaime Isla Couto, Francisco Fernandez del Riego ou Ramón Piñeiro. É unha editorial nada en Compostela. Unha editorial que aparece no medio da ditadura, que aparece con gran vontade de resistencia. Pasa á pax. seguinte