El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Literatura infantil e xuvenil · Elos de lectura

As hiperbólicas laranxas, corenta e cinco anos despois

CELESTINO AMARANTE  | 11.03.2018 
A- A+

Reparamos no facsímile da peza infantil As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, homenaxe do Consello da Cultura Galega a Carlos Casares. A edición non venal nun estoxo contén un libro co limiar de Ramón Villares; un estudo de Montse Penas Presas, a reproducción facsimilar e postais das ilustracións de Luís Seoane.

Do estudo de Montse Penas, agradécese que por vez primeira se cite e reproduza o material das "fontes documentais", mágoa non estar en acceso libre desde Galiciana. E, por desgraza, aflixe que estudosos como Blanca-Ana Roig Rechou, Manuel Vieites, Ana Luna e Iolanda Galanes entre outros, que desde 1994 sinalan as claves casarianas (tolerancia, fantasía e humor) referidas no estudo, non consten nas "referencias bibliográficas"; e que se cinxa ao proceso de edición e á recepción da peza en 1973, ocultando representacións posteriores, dúas delas feitas por José Caldas in memoriam. tinoamarante@yahoo.es