El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Aquel ano no que Alfonso mirou cara a Europa

EN 1921, moi crítico cos ismos e as vangardas, castelao reflectiu no seu diario a súa viaxe a PArís, bruxelas E berlín, nunha obra editada por galaxia a finais dos anos 70, máis de médio século despois de facer o seu manuscrito

A pintura ‘O emigrante’ orixinal de Castelao e do ano 1916 e que permanece no Museo de Pontevedra, reflexa a preocupación do autor polo mundo da marcha dos galegos do seu país
A pintura ‘O emigrante’ orixinal de Castelao e do ano 1916 e que permanece no Museo de Pontevedra, reflexa a preocupación do autor polo mundo da marcha dos galegos do seu país

TEXTO FERNANDO FRANJO FOTOS ARCHIVO Y M.P   | 10.07.2016 
A- A+

Unha exposición de pintores españois fondamente influenciados polas vangardas artísticas de principios do século XX, levou a que Castelao pedise unha beca por Europa na que desarrollou algunhas das súas ideas sobre nacionalismo e arte e o futuro daquela cultura europea fronte ó cosmopolitismo e o que él mesmo calificaba como decadencia. Nas máis de trescentas páxinas das que consta o Diario 1921, publicado por Galaxia máis de medio século despois, Castelao fai unha dura crítica, apoiada nun nacionalismo que non era alleo, ós ismos europeos, dos que tenta estudar as súas razóns. Aprende novas técnicas artisticas e, en xeral, como recordaba Filgueira Valverde, mostra o seu interese por todas as manifestacións modernas para adquirir unha nova orientación, aínda que finalmente elixe a minuciosidade da pintura flamenca.

Todos os xuízos, as notas de viaxe, hai que entendelas baixo o enfoque galeguista, En 1977, Freixanes apunta que algunhas das súas opinións "parecénnos, desde a perspectiva actual, superadas e vellas. Outras, estreitas quizais en demasía ou conservadoras. Pero hai pinceladas dunha lucidez pasmosa e anticipadora".

Lonxe ou perto dos seus xuízos, compre ademiralos, pola aberta franqueza, pola raiolante acuidade con que son ditos, pola fondura da ideia e a gracia das verbas que a envolven", así definía Xosé Filgueira Valverde en 1977, entón director do Museo de Pontevedra, a obra Castelao. Diario 1921. (Galaxia). Máis de medio século despois do manuscrito era esta a data da edición dunha obra que recollía unha estadía de nove meses, unha viaxe crítica, poboada de suxerencias arriscadas e desde a perspectiva do nacionalismo galego de Castelao.

O rianxeiro volta a súa mirada cara a Europa nun momento especialmente importante para o contexto histórico de Galicia. A súa visión absolutamente escéptica sobre a emigración, a constitución das Irmandades da Fala, a recente publicación da revista Nós ou o inicio da súa actividade política son algúns dos eixos que marcarán aquela nova andaina.

Anos antes, en 1916, hai agora un século, o poeta rianxeiro abandona o exercicio da medicina e aproba unha oposición que lle permitirá ingresar na Delegación do Instituto Xeográfico Estatístico, o que provoca o seu traslado a Pontevedra, coincidindo ao tempo coa súa evolución artística e ideolóxica.

En 1921, hai agora 95 anos, e grazas a unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios, presidida por Ramón y Cajal, Castelao viaxará a Francia, Bélxica e Alemaña e deixará constancia das súas impresións nun libro de notas, do que tamén extractou algunhas versións retocadas xa desde o primeiro número da revista Nos, en abril de 1922.

Moi severo cos ismos e as vangardas artísticas, pode semellar que o rianxeiro defendía unha actitude reaccionaria de cara a aquelo que estaba a suceder nas artes de entreguerras. Non era así. Castelao escribía noutra dimensión e partía dunha cultura allea ó esteticismo da arte de principios do XX.

Castelao escribe este diario entre o 26 de xaneiro e o 10 de outubre de 1921. Tal e como recollía Víctor Freixanes a finais dos setenta, este texto foi sen dúbida fundamental para comprender a formación artística, a teoría e as preocupacións do intelectual rianxeiro naqueles primeiros tempos. É fundamental entender que neste momento Castelao parte do seu nacionalismo galego, da súa concepción da arte como como expresión popular, da súa sensibilidade da terra, e da búsqueda de identidade colectiva do seu país e a súa especial sensibilidade coa arte popular galega.

Foi naquel 1916, cando a miles de kilómetros de Galiza o Cabaret Voltaire de Zurich servía de escenario, seguindo as directrices de Tristan Tzara, para a proclamación do Dadaismo como movemento cultural de rebelión, de absurdo e de rexeitamento do establecido. Europa vivía momentos de inestabilidade e na cidade suíza numerosos creadores dirixidos, fundamentalmente por Tristan Tzara, fixeron que aquela cervexaría fose en adiante unha especie de célula impulsora dun movememento antisistema, que rexeitaba o arte, os museos, a escritura e propugnaba a abolición da memoria.

Este era, certamente, un plantexamento que semella afastado das teorías vangardistas da maior parte dos ismos europeos e o cosmopolitismo que impera neste momento na Europa de entreguerras. De feito, as ilustracións de Castelao en Nós e outras publicacións de prensa mostrábanse fundamentalmente próximás ó realismo e ás formulas de artistas como Maside, ou Colmeiro, cun matiz achegado á realidade social de Galicia, plasmada cunha mezcla de sarcasmo e tenrura.

Cando Castelao inicia a súa viaxe tenta combatir o seu sentimento de morriña cunha ansia de ter un coñecemento xeneralizado de toda a cultura parisina: museos, monumentos e rúas.

Pero, en calquera caso, non oculta a súa decepción "eu vin aquí para miralo todo e cumprir coa miña obriga". Será moi crítico coa arte e moi analítico cun progreso artístico e filosófico de principios de século que "fuxe da perfección". Nun dos artigos en Nós recollía "París é o Madrid do mundo, o que me parece Madrid como galego é o que me parece París coma home". Considera por elo que aquel cosmopolitismo da capital francesa contradícese co sentimento que él defende coa capital da propia terra.

Freixanes recordaba tamén que no campo das artes, se sente molesto pola globalidade naquel ano 77 Castelao aplica como punto de partida o seu nacionalismo e que como escribiría máis tarde, el entende a arte como expresión popular en contra da globalidade. "En principio, este plantexamento, parece alonxado das teorías vangardistas da maior parte dos ismos europeos, que desarroian a súa actividade no mundo das elites .

 


Picasso, un aprendiz. Na súa estadía, Castelao estudou as razóns da obra cubista. Interesáballe como filosofía aínda que estaba decepcionado cos seus plantexamentos. Aportará unha visión moi xeneralizada de Braque e Picasso a quen chega a chamar "un amateur da arte". Aínda que para o autor galego resulta discutible este movemento, non deixa de valorar a súa capacidade de síntese e os elementos que o convertirían nun gran movemento da arte mundial. Tamén critica o futurismo, o orfismo ou o expresionismo en Alemaña. Nunha das súas reflexións recollerá que "despois da borracheira que un atopa coas novas escolas, figuras como Patinir, Memling, Holbein, Fra Angelico, e moi en especial Brueghel, un artista que foi esencial na traxectoria plástica de Castelao. De feito, foi tal a impresión que lle causaron as obras deste pintor flamenco que nunha postal que colocou na portada do seu diario en 1921 escribiu o comentario "Brueghel o vello e a parábola dos cegos", en oposición á arte vangardista que el estaba a ver e que enchía todo o panorama europeo.

Aquel viaxe de 1921 serviralle a Castelao para a súa formación técnica. Recollerá unha técnica de gravado denominada linoleografía, empregando precisamente este material como base. El foi o que a introduxo en Galicia e con ela fará ilustracións para libros, revistas e carteis.

O dadaísmo. Pero, con todo, na súa estadía no estranxeiro o rianxeiro foi especialmente severo, por exemplo, co Dadaísmo, ainda que era consciente da importancia deste movemento de vangarda nestes inicios de século. As fórmulas do movemento guiado por Tzara plantexábanse nun movemento universal, que falaba en todas as linguas e que estaba dirixido a todas as culturas e non exclusivamente ó sentimento artístico. Sobre iso dicía "Xa sei que é o dadaísmo. Non é nada; é faguer nada con nada i é peor que nada porque é parvo en un pobo onde haxa un pouco de hixiene espiritual os dadaístas serían mallados a paus", apunta.

Durante o seu paso por Francia, reproduxo ilustracións do maestro cubano Francesc Picabia e recolleu o discurso dun dos excéntricos máis significados, o propio Philippe Soupault cando dí "Dada est incolore, inaudore, sans saveur". A Galicia de Castelao, a súa concepción rural, o estilo da súa arte nada ten que ver con todo esto que respira nesta viaxe.

Visitou as dúas exposicións dadistas en París. A primeira, a de Max Ernst e a segunda, a mostra internacional do Salón Dadá. Maniquíes colgados, gravatas, anteollos cun só vidro caixas de mistos polas paredes.... Todo isto levaba ó intelectual galego a incrementar o seu escepticismo ante o que calificaba de "tolerías".

Filgueira fala de que Castelao recoñece ó final estar "empapado"dun novo espírito, "maís eu teño que confesar que saírei de aquí tal e como viñen".

ffranjo@elcorreogallego.es

EXPOSICIÓN EN

PONTEVEDRA ATA SETEMBRO

- O Museo de Pontevedra acolle ata o 11 de setembro a exposición 'Castelao 1916-1936', coa que se conmemora a súa chegada á cidade do Lérez en xaneiro de 1916 para ocupar a súa praza de funcionario de Estatística.

 - Nela amosarase, ademais da súa plena integración na vida cultural da cidade, na que participou intensamente, o amplísimo labor desenvolvido nos eidos da creación artística, literaria e, finalmente, política ao se converter en líder do Galeguismo. 

- Óleos, acuarelas, debuxos, gravados ao linóleo, fotografías e diversas publicacións encherán na súa totalidade o espazo de exposicións temporais, moitas delas expostas por primeira vez.