Noticia 1 de 1
Tendencias
| tendencias@elcorreogallego.es |
RSS
Sportur impulsa o turismo deportivo en Galicia dende o venres en Expourense

REDACCIÓN | 15.11.2017
FEIRA Sportur Galicia, o 1º Salón do Deporte e Turismo Activo celebrarase os días 17, 18 e 19 de novembro en Expourense co obxectivo principal de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opcións que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e ás actividades ó aire libre animando ao mesmo tempo aos propios galegos a practicalas. A celebración desta cita coincide coa presenza na cidade de Ourense de milleiros de deportistas que participarán na Carreira Popular de San Martiño e que recollerán os seus dorsais no propio recinto feiral. Sportur Galicia foi presentada onte nun acto que contou coa participación da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez: da directora xeral de Turismo, Nava Castro; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Todos eles indicaron que esta cita naceu con vocación de continuidade e de converterse en feira internacional xa que é unha cita que combina deporte e turismo.
