El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Presidente da Fundación Sotelo Blanco

Olegario Sotelo Blanco: “A relación entre cultura e administracións atravesa o seu momento máis escuro ”

{ Quintela de Mazaira (Castro Caldelas), 1945 } Fundador da editorial e da fundación Sotelo Blanco, lamenta o desinterese por facer un Museo da Emigración en Santiago e fala de atrancos, como o preito polo nome co Consello da Cultura, cando están abertos a todo tipo de colaboracións con entes tanto públicos como privados .

FOTO: Antonio Hernández
FOTO: Antonio Hernández

20.03.2017 
A- A+

Durante anos escoitouse falar moito da Editorial Sotelo Blanco pero xa hai un tempo que semella esquecida. Que pasou?
Pode dicirse que atravesa un momento de impasse motivado por varias circunstacias como a crise econóica ou a miña xubilación... De todos os xeitos, temos un fondo editorial moi relevante e seguimos traballando, aínda que agora quizais o prioritario sexa relanzar a Fundación.

En que están pensando?
O proxecto que temos máis avanzado é o da creación do Museo Galego da Emigración. Nun país emigrante por excelencia como Galicia, resulta estraño que non teñamos un lugar no que preservar algo que forma parte consustancial da nosa historia. Se non conservamos o pasado, non podemos mirar cara ao futuro.

Como será ese Museo?

Material hai abondo. Agora ben, nós queremos que non sexa só un lugar no que exhibir pezas, senón unha entidade que promova a investigación, que programe conferencias, faga xornadas divulgativas... en suma, un museo de interpretación da emigración, que recupere a memoria dos emigrantes como o de Asturias.

Compartiría espazo co Museo Etnográfico na sede da Fundación Sotelo Blanco?

É o que nos gustaría pero non vemos interese, a pesar de que as nosas instalacións están na entrada de Santiago en pleno Camiño Francés. Ata o de agora, só se preocupou a Deputación de Ourense, que, xunto co Concello de Castro Caldelas e no marco da promoción da Ribeira Sacra, falou de levar para alí tanto o museo antropolóxico como o da emigración e convertelos en certa maneira no seu buque insignia. Nós estamos abertos a todo tipo de colaboracións, tanto con administracións públicas como con institucións privadas e, sen embargo, atopámonos con atrancos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt