El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Observatorio da Cultura constata a baixa do prezo da entrada de cine

Gaña máis de 100.000 espectadores// Aumentan as salas de exhibición// Obtén a mellor marca dos últimos 16 anos na proxección de películas, con 582

Vista de la sala de cine Numax, localizada en Santiago - FOTO: http://tourdescinemas.com
Vista de la sala de cine Numax, localizada en Santiago - FOTO: http://tourdescinemas.com

SANTIAGO. VICTORIA ROJAS  | 12.10.2017 
A- A+

Galicia gañou máis de 100.000 espectadores de cine en 2016, nove salas de exhibición e catro cines, ademais de obter a mellor marca dos últimos 16 anos na exhibición de películas, con 582.

Son cifras do Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (DT-OCG), do Consello da Cultura Galega (CCG), titulado O cine en Galicia 2016, que tamén revela unha ­cara menos positiva: non hai melloría nin no gasto nin na asistencia media por ­habitante.

O DT recolle por primeira vez a lingua dos filmes feitos polas produtoras galegas e indica que, dos 14 títulos producidos en 2016, seis deles están en galego.

No último ano, Galicia gañou máis de 100.000 espectadores, un incremento paralelo ao que aconteceu no resto do Estado. Con todo, a asistencia media mantívose en 1,5 películas por habitante, lonxe da media estatal, que está en 2,2 películas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt