El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A nova marca Fest Galicia promoverá os festivais de música autonómicos

Impulsada pola Xunta para a profesionalización do sector, a Secretaría Xeral de Igualdade colabora na iniciativa cunha campaña para a prevención da violencia sexual nestes certames

Román Rodríguez, 5º esq., cos participantes na presentación da nova marca Fest Galicia, onte na Cidade da Cultura.  - FOTO: ECG
Román Rodríguez, 5º esq., cos participantes na presentación da nova marca Fest Galicia, onte na Cidade da Cultura. - FOTO: ECG

MARIO ÁLVAREZ   | 14.06.2018 
A- A+

Co obxectivo de promocionar o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social, a Xunta pon en marcha a nova marca Fest Galicia como nova vía de apoio aos festivais de verán na nosa comunidade. Esta iniciativa bota a andar con dez festivais de verán, adheridos tras unha convocatoria pública, que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegar valores engadidos á experiencia musical tanto na súa oferta como na súa xestión e organización.

Así o explicou onte o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, na presentación desta estratexia, que a consellería impulsa a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en estreita colaboración con outros departamentos da administración autonómica e co propio sector musical. Xunto con el, participaron neste acto -no Parque do Lago da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago- a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e representantes dos eventos implicados nesta primeira fase de lanzamento: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. O acto contou tamén coa actuación de MJ Pérez, unha das novas voces galegas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt