El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Mercado da Colleita pecha a 31 edición do Noroeste Estrella Galicia

E.P.   | 13.08.2017 
A- A+

O 31 Festival Noroeste Estrella Galicia péchase hoxe cunha romaría familiar ofrecida polo Mercado da Colleita, unha iniciativa da Corporación Hijos de Rivera que leva ao Paseo das Pontes da Coruña un “completo” programa musical e de lecer –con xogos populares e tradicionais para os máis pequenos– que permitirá coñecer “máis de preto” os proxectos e produtos do rural ­galego grazas a degustacións e ­catas gratuítas, un obradoiro de galletas artesanais, e unha xincana a partir do proceso de elaboración de iogures.

Segundo informou a organización nunha nota de prensa, a música correrá a cargo dos vigueses Eladio y los Seres Queridos, que presentan o seu último traballo, Cantares, unha homenaxe á tradición musical galega.
Ademais, contará coa presenza do artista abulense Vurro, ­metade vaca e metade home orquestra; o fundador do colectivo de hip hop Deus Ke Te Crew, García MC; o artista fonsagradino Xoán ­Curiel; o trobador mexicano-canadense Quique Escamilla; a banda ­coruñesa Proxecto Moucho; e o DJ Isaad Peces, que se encargará de levar á xornada sons da música negra, jazz, soul, funk e disco, entre outros.

MANTAS E COMIDA 

A organización anima aos interesados a achegarse a esta última xornada do Noroeste Estrella Galicia coas súas mantas e a súa comida para participar nunha “ampla gama” de actividades familiares que ­permitirá coñecer a calidade do produto de proximidade con ­garantía de orixe.

O Mercado da Colleita pon o broche final á 31 edición do ­festival “por segundo ano consecutivo” tras o “éxito” do pasado ano, onde “máis de 3.000” pequenos e maiores gozaron desta xornada.