El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Hijos de Rivera participa cun 32 % na cervexeira irlandesa Carlow Brewing

ECG  | 21.04.2017 
A- A+

Santiago. Hijos de Rivera, produtora de Estrella Galicia, adquiriu unha participación do 32 % na cervexeira artesá irlandesa Carlow Brewing Company, unha empresa familiar que comezou hai 20 anos a elaborar cervexas artesás, segundo informou a firma española nun comunicado.
En concreto, a compañía irlandesa vende as súas cervexas a través de O’Hara’s, marca emblema da empresa que produce cervexas tradicionais irlandesas e as súas propias interpretacións persoais das variedades máis recoñecidas internacionalmente.
O conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, congratulouse por sumarse ao proxecto de O’Hara’s. “Sumámonos a un proxecto que comparte os nosos valores e a esencia do que somos e, por tanto, do que facemos: cervexa a lume lento. Ambas empresas somos grandes amantes da cervexa e espérannos grandes momentos para compartir”, destacou.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt