El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Galiciencia, a mellor proba de que o talento do futuro está garantido

O conselleiro de Economía destaca o nivel dos traballos presentados nesta edición, un total de 77 de Primaria, Secundaria e Bacharelato desenvolvidos por 150 investigadores noveles

Fotografía de familia dalgúns dos participantes en Galiciencia co conselleiro de Economía, durante a visita deste á feira. - FOTO: ecg
Fotografía de familia dalgúns dos participantes en Galiciencia co conselleiro de Economía, durante a visita deste á feira. - FOTO: ecg

MARIO ÁLVAREZ SANTIAGO   | 11.05.2018 
A- A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou onte na Tecnópole a 13.ª edición de Galiciencia, na que asegurou que o rigor e o nivel tecnolóxico dos proxectos presentados nesta ocasión son a mostra de que existe talento na comunidade.

Conde sinalou que se trata dun evento consolidado e que xa é un referente nacional. Nesta edición, que por primeira vez se celebra durante a primavera para seguir a tendencia deste tipo de certames e adaptarse ao calendario escolar, participan un total de 77 traballos de 150 investigadores noveles de Primaria, Secundaria e Bacharelato de 30 centros galegos e dous de Cataluña.

Durante a súa visita, o conselleiro explicou que, cando finalice esta edición -adicada ao cambio climático-, terán pasado por Galiciciencia, desde a súa primeira convocatoria en 2006, máis de 25.000 persoas e 700 proxectos, o que, segundo o conselleiro, é unha mostra de como este evento está contribuíndo a que Tecnópole consolide o seu posicionamento no eido da divulgación, da ciencia e da innovación.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt