El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Exposición no Gaiás con obras das caixas galegas

REDACCIÓN   | 14.03.2018 
A- A+

Santiago. A Cidade da Cultura inaugurará este venres a mostra máis ambiciosa ata o momento sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Por vez primeira, unha mesma exposición reúne obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Viéitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos ata completar 119.

A mostra será inaugurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de Abanca e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.