El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Estrea mundial no festival de Cans do filme ‘A historia dun satélite’

O certame chega a un acordo con Agadic para recibir unha parte das axudas solicitadas

21.04.2017 
A- A+

Santiago. O Festival de Cans acollerá nesta XIV edición a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters.
Asó o indicou onte a presidenta da Asociación Arela, Keka Losada no acto de presentación da imaxe gráfica e as camisetas do XIV Festival de Cans que tivo lugar na tenda do Rei Zentolo de Compostela, que se encargou do deseño da imaxe, que reflicte a un grupo de persoas portando un “can de Cans”, rodeados de elementos tan característicos do festival coma o chimpín, a igrexa que se sitúa ao lado do Torreiro.
A historia dun satélite, filme debut destas irmás xemelgas e asesorado por por Sterling Van Wagener, filmado na Universidade de Utah.

ACORDO. Na presentación Keka Losada avanzou tamén que os festivais afectados polo problema das axudas, chegaron esta semana a un acordo con Agadic, para que este organismo poida aportar aos festivais unha parte das axudas solicitadas e se axude a paliar o déficit de partida co que varios festivais arrancarán nesta XIV edición.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt