El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Os dereitos cidadáns, a debate no encontro sobre o idioma galego

Valentín García inaugurou o XIX simposio organizado polo CCG e Política Lingüística

Valentín García, Ramón Villares e Rosario Álvarez
Valentín García, Ramón Villares e Rosario Álvarez

ALBERTO NOVA SANTIAGO  | 21.04.2017 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou onte no Pazo de Raxoi, na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), os XIX Encontros para a Normalización Lingüística.

No simposio, coa temática Dereitos Lingüísticos, unha Garantía Pendente, García indicou que, coa chegada da democracia, se promulgaron “leis que protexeron amplamente os nosos dereitos lingüísticos, ás veces máis amplamente do que unha parte dos galegos e galegas demandaba para si”. O secretario xeral considerou que, “precisamente, se algún reto queda pendente, é o de facer plenamente conscientes a todos os galegofalantes dos dereitos que teñen e animalos a exercelos”, manifestou.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt