El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Castelo Rock empapará Muros de música e de festa en agosto

Co rock & roll de grupos punteiros como prato forte, o festival compleméntase con acampada ao aire libre a tan só 50 metros, actividades para os cativos (xincanas, búsquedas de tesouros, pintacaras…,) concertos de día gratuítos, mercados e unha ampla oferta gastronómica e turística

SANTIAGO  | 12.06.2018 
A- A+

Seguen pasando os anos e o Castelo Rock volve outro verán máis para celebrar nunha nova edición o seu XV aniversario os días 3 e 4 de Agosto. Un aniversario especial onde a vila muradá disfrutará dun finde cheo de música e actividades lúdicas.

Dous días de festa onde o rock será o prato principal xa que contaremos con importantes bandas punteiras a nivel estatal no escenario Estrella Galicia como son:

Non Servium, os madrileños chegan a vila para presentar o seu novo álbum “Resurgir” co que se consolidan como unha das grandes bandas de rock nacional actual. Unha base musical potente e unhas letras combativas acorde coa súa apoloxía farán que o persoal baile “pogos” sen parar.

Riot Propaganda, composto por un combo de rapcore que une os recoñecidos “Habeas Corupus” e “Los Chikos del Maíz”. “Macarras de Vallecas y valencianos locos” son o motor desta formación que actuará por última vez en Galicia tras a súa anunciada despedida.

Lendakaris Muertos, xa se convertiron nuns auténticos heroes de masas que deron un soplo de aire fresco o punk reivindicativo do país, nos seus directos as súas letras xa son cantadas a coro con fanatismo polo seu público.

El Último Ke Zierre, volven a demostrar que tres décadas despois e con máis de 20 traballos publicados, seguen en plena forma. Historia viva do punk rock de este país presentan o seu novo traballo “El Mutante del Barrio Chino (2017)”.

Terbutalina, estes rapaces xogan na casa e saben que aquí está o seo dos seus máis fieis seguidores, dende Muros convertéronse nun dos grupos con máis repercusión a nivel galego e a súa actuación vaise a converter nunha megacoral que retumbará en todo o pobo.

Liviao de Marrao, non podería faltar o "bravú" galego deste grupo. Nas súas cancións intentan mesturar a raiba da protesta perante as inxustizas co humor propio dos oprimidos, a retranca.

Festicultores Toupe, os maiores experimentados cultivadores de festas de Galiza ofreceranos a súa mestura de humor, performance e música festeira, que non deixa indiferente a ninguén. Sexa polas rúas do pobo ou no escenario Estrella Galicia, o baile con eles está asegurado.

Almanimal, despois do bo sabor de boca que nos deixaron na pasada edición volven, dende Carnota para deixar o pavillón ben alto co seu rock psicodélico sen prexuízos.

No tocante a ubicación será, un ano mais, no polígono industrial de Muros. Tralo éxito acadado na edición anterior en canto ás melloras de produción, amplitude de espazo (tanto para público como artistas) e un largo etc, non foi difícil tomar esta decisión. Destacamos a acampada ao aire libre a tan só 50 metros do festival, con todo o necesario: duchas, servizos, postos de comida..., a maiores poderemos gozar dun entregado e engalanado pobo con actividades para os cativos (xincanas, búsquedas de tesouros, pintacaras…,) concertos de día gratuítos, mercados e unha ampla oferta gastronómica e turística. Un espazo completado polo conxunto natural e artístico no que se leva a cabo.

Nesta XV edición unha renovada directiva traballara con moita ilusión e esforzo para seguir dinamizando a cultura e o ocio da vila muradá e seguirá tendo unha firme aposta de futuro, xa que as e os menores de 12 anos volverán a ter entrada gratuíta. A parte diso seguirá coa idea de ofrecer ese “low cost” característico dos seus abonos para que sexa asequible a todos aqueles que lles guste de verdade disfrutar dos festivais do país.

Bono 2 días por tan so 19,90 € con acampada gratuíta durante todo o fin de semana. As entradas diarias estarán en 15,00 € máis gastos de xestión.

As entradas poden mercarse fisicamente en Discos Portobello (A Coruña), A Reixa Tenda (Santiago), Xamonería O Varadoiro  (Muros) e en calquer oficina de correos. Online están en www.castelorock.com e en www.entradasatualcance.com.