El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

As Feiras do Libro de Galicia chegan a Viveiro cos títulos máis recentes

Os xardíns de Noriega Varela acollen o encontro desde onte e ata o 16 de agosto

REDACCIÓN. VIVEIRO   | 13.08.2017 
A- A+

As Feiras do Libro de Galicia 2017 chegaron onte ao municipio lucense de Viveiro con novidades editoriais e cunha ampla programación dirixida a todos os públicos, que inclúe máis de vinte actividades para lle achegar á cidadanía os libros e a lectura.

Os xardíns de Noriega Varela serán ata o ­vindeiro 16 de agosto o punto de encontro desta festa da cultura. Durante eses días, as librarías Pedreira, ­Arigató, Cartabón, Aenea, Nobel ­Burela, ­Cortizas, Gato ­Neghro e Porta da Vila ­ofrecerán un amplo escaparate cos títulos máis ­recentes, que se poderán adquirir con desconto.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt