El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

PUBLICACIÓN

Artigo da autora sobre os 'Seis poemas galegos'

REDACCIÓN   | 17.05.2018 
A- A+

O Consorcio de Santiago e Galaxia publicaron o libro É a lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Presentado onte na Fundación Torrente Ballester, ao acto asistiron, entre outros, o académico Xesús Alonso Montero, autor do limiar; Pedro Ferriol, viúvo de María Victoria Moreno; o director de Galaxia, Francisco Castro; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; xunto ao responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde. María Victoria Moreno foi unha apaixonada de Lorca, sobre o que impartiu conferencias en Galicia. En 1985, coincidindo co 50º aniversario da primeira edición dos Seis poemas galegos, a escritora redactou un artigo sobre eles.