El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Acordo para impulsar as novas tecnoloxías

Alíanse o Colexio de Médicos da Coruña e os Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Luciano Vidán e Julio Sánchez Agrelo nun intre da reunión deste acordo - FOTO: ECG
Luciano Vidán e Julio Sánchez Agrelo nun intre da reunión deste acordo - FOTO: ECG

ROSA CANO   | 17.05.2018 
A- A+

Os presidentes do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, Luciano Vidán, e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, asinaron onte un convenio de colaboración que ten como obxectivo principal o desenvolvemento dunha aplicación móbil médica.

As principais funcionalidades que os enxeñeiros de telecomunicación deseñarán para os médicos colexiados da provincia coruñesa agrúpanse en sete apartados: administración, noticias sanitarias, disposicións legais, taboleiro de anuncios (formación, actividades e eventos organizados polo Colexio e ofertas de emprego para facultativos), médicos internos e residentes, bibliografía e botón de agresións. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt