El Correo Gallego

Tecnoloxía

A Xbox One recibirá en breve un mando con deseño militar

MARCUS FERNÁNDEZ  | 23.03.2017 
A- A+

Nas últimas xeracións de consolas os mandos que están considerados como os de mellor ergonomía son os das máquinas de Microsoft, polo que para animar á compra de novos gamepads teñen que apostar por compoñentes premium ou por novos deseños, e nesta última liña a partires de 3 de maio teremos a un prezo de 69,99 euros + IVE o novo mando sen fíos de edición limitada para Xbox One Recon Tech, que presenta un deseño elegante en gris escuro militar e agarre en relevo de trazado romboidal para unha maior comodidade.
Este mando ten toma para auriculares de 3,5 milímetros e tamén Bluetooth, de xeito que, aparte de poder empregarse en Xbox One, tamén serviría para ordenadores e tabletas con Windows 10.

O novo mando ten zonas con superficie rugosa para un agarre máis firme.

Outro detalle a ter en conta á hora de pensar en adquirir un mando adicional para Xbox One é que a través da vindeira grande actualización de Windows 10 estrearase a funcionalidade Copilot, ou sexa, que será posible contar con dous mandos sen fíos de Xbox One de xeito simultáneo, que funcionen como un so, ou sexa, que un segundo xogador poderá axudar ao primeiro, o que serve para que os pais conviden a xogar aos seus pequenos ou incluso un xogador experto ensine trucos e técnicas a un novato.