El Correo Gallego

Tecnoloxía

WONDERBOOM: pequeno pero matón

O novo altofalante sen fíos de Ultimate Ears é resistente á auga e ofrece un son de elevado volume e fidelidade.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 29.03.2017 
A- A+

Ultimate Ears, filial de Logitech especializada en auriculares e altofalantes sen fíos, continúa na súa liña de produtos de grande portabilidade, deseño colorido e grande potencia sonora co novo altofalante Bluetooth WÖNDERBOOM, que pese ao seu tamaño compacto ofrece unha grande saída de son, facilitando que podamos ir coa nosa música a todas partes.
O UE WONDERBOOM ten forma cilíndrica, 102 milímetros de alto e 93,5 milímetros de diámetro, e un peso de 425 gramos, características que non lle impiden emitir son de 360 graos até a 86 dBC, o que sumado ao feito de que conta con protección ao po e á auga (IP67) e unha batería que achega unha autonomía de até 10 horas de uso, converte a este accesorio Bluetooth que pode emparellarse con até 8 fontes distintas (coa posibilidade de empregar dous altofalantes á vez da mesma fonte) nunha solución ideal para gozar da música en mobilidade cun bo nivel de volume e grande calidade.

Este altofalante sen fíos tamén conta con botóns na súa parte superior para reproducir, pór en paus e omitir cancións e unha correa para facilitar o seu transporte e está xa dispoñible por 99,99 euros en 6 cores distintas.