El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Vodafone non cobrará os datos consumidos polas mensaxes de WhatsApp

Os clientes das tarifas Mini S, Smart S, Red M e Red L de Vodafone poderán gozar do servizo Chat Zero que suporá que as mensaxes de texto, multimedia e das principais aplicacións de mensaxería serán de balde.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 01.03.2017 
A- A+

O vindeiro 28 de abril Vodafone renovará os seus plans de prezos móbiles Smart S, Red M e Red L, o que suporá un incremento de 3 euros nas dúas primeiras tarifas e de 5 euros na última, compensándose a suba, como vén a ser habitual nos últimos tempos, cun aumento do volume de datos móbiles contratados (pasarían de 2, 4 e 6 GB a 6, 10 e 20 GB respectivamente), aínda que esta no será a única novidade, senón que tamén estrean Chat Zero.
A nova prestación incluída nas tarifas de contrato consistiría en que non só as mensaxes SMS e MMS serían de balde, senón que tampouco se cobrarían as mensaxes a través das aplicacións WhatsApp, Telegram, Line e Message+, ou sexa, que os usuarios poderán intercambiar texto, fotografías, vídeos e notas de voz sen consumir datos da súa tarifa móbil, o que permite que poidan facer un uso máis intensivo da banda larga móbil.
No que se refire aos incrementos no volume de datos, os clientes de Vodafone están comezando a ver como se aplica ás súas liñas actuais nun proceso que completarase nun par de semanas.