El Correo Gallego

Tecnoloxía

VLC chega a Xbox One

O popular reprodutor multimedia VLC xa pode empregarse na consola de Microsoft

MARCUS FERNÁNDEZ  | 07.10.2016 
A- A+

A espera rematou para millóns de usuarios da Xbox One, e finalmente estrouse na tenda de aplicacións da consola de Microsoft unha versión do reprodutor multimedia VLC, que tira proveito do feito de que a máquina funcione cunha versión de Windows 10 que permite correr aplicacións universais, de aí que na tenda de aplicacións o VLC poida lucir o selo Xbox Play Anywhere.
Polo momento Microsoft non está a destacar a aplicación, polo que os usuarios que desexen instalala na súa consola deben buscala expresamente, e tras a súa instalación poderán finalmente reproducir vídeo en numerosos formatos que inclúen os ficheiros que integran distintas pistas de audio e subtítulos, conseguindo incrementar de xeito considerable o potencial da Xbox One como equipo de reprodución multimedia.
A aplicación incluso incorpora un sistema de descarga automática de subtítulos, o que pode resultar moi práctico para os amantes das películas e series de televisión internacionais.