El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Unha púa con Bluetooth para facer air guitar

AirJamz é un accesorio que pode sincronizarse co smartphone para simular que somos virtuosos de guitarras eléctricas invisibles.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 30.12.2016 
A- A+

Hai uns anos sorprendíanos un xoguete chamado Air Guitar Rocker, que permitíanos simular que eramos estrelas de rock movendo unha púa de guitarra por diante dunha fibela de cinto conectada a un pequeno altofalante, e agora que os smartphones son uns dispositivos de uso masivo, este tipo de invento adáptase para empregarse en conxunto cos mesmos, e así temos AirJamz, unha púa de guitarra que pode enlazar cos noso teléfono por Bluetooth, para permitir gozar da práctica do air guitar grazas a unha aplicación dispoñible na App Store e en Google Play na que podemos cargar máis dun cento de instrumentos e sons que poder tocar virtualmente con liberdade, contando tamén con máis de 25 cancións que poderemos interpretar en solitario ou con até 4 xogadores. A aplicación é completamente de balde, aínda que as cancións para a mesma véndense a 0,99 euros cada unha.

O AirJamz véndese en cor negra ou vermella, e aínda que o seu prezo oficial é de 49,99 dólares, nos EE.UU. está a rebaixarse 10 euros por mor do Nadal, aínda que de pedilo dende España o normal é que o prezo final supere os 50 euros, polo que sería un xoguete para os que gocen moito de simular saber tocar a guitarra eléctrica.