El Correo Gallego

Tecnoloxía

Wizapet: non deas por perdida á túa mascota

Unha aplicación móbil galega axúdanos a atopar mascotas perdidas

O responsable de Wizapet desenvolver a app en colaboración cun par de empresas compostelás // Wizapet pode resultar de grande utilidade para que as protectoras de animais dean conta das criaturas que atopan perdidas

MARCUS FERNÁNDEZ  | 20.10.2016 
A- A+

Roberto Pérez Álvarez, máis coñecido como O Reberete, é un artesán de instrumentos de música tradicional en Maside (Ourense) que sorprende emprendendo no sector tecnolóxico da man da consultora especializada Datalawyers e do equipo de desenvolvedores de TheQuizProject, cos que creou sen apoio financeiro externo unha interesante ferramenta para dispositivos móbiles que facilita localizar mascotas perdidas e tamén dar conta das criaturas atopadas.
A aplicación Wizapet estreouse últimas semanas estreouse na App Store e en Google Play como unha ferramenta colaborativa de publicación de anuncios de mascotas perdidas ou atopadas, de xeito que se atopamos un animal extraviado, podemos publicar un aviso coa localización GPS onde o atopamos, un título, una descrición e unha imaxe, facilitando así que o seu dono saiba que foi da criatura, mentres que se padecemos a desgraza de non poder localizar á nosa mascota, tamén podemos realizar unha operación semellante, pero incluíndo tamén a posibilidade de ofrecer unha recompensa a quen atope ao prezado animal (que poden satisfacerse en liña de xeito seguro a través da plataforma MangoPay, que permite mandar cartos dende tarxetas a contas bancarias).
Os anuncios publicados na aplicación poden consultarse a través dunha listaxe ou dun mapa (onde figuran interrogacións para indicar perdas e exclamacións para destacar achados), e dentro da ficha de cada mascota é posible iniciar un chat coa persoa que publicou o anuncio. Amais, ao estarmos ante información xeolocalizada a aplicación tamén avisa aos seus usuarios mediante notificación móbil dos novos anuncios que se publiquen no seu contorno, conseguindo así unha grande e inmediata difusión dos anuncios publicados, o que sen dúbida será de grande utilidade para propietarios de animais sen chip e de protectoras de animais e particulares que atopen animais perdidos.
Conscientes de que esta solución podería ser válida non só para mascotas, tamén publicaron unha aplicación irmá, Wizaper, que podemos atopar na App Store e en Google Play, e que limítase a anuncios de obxectos perdidos, conservando a mesma mecánica que a aplicación anterior, pero abríndose a usos moito máis amplos.