El Correo Gallego

Tecnoloxía

Unha aplicación de Google facilita aos achegados a nosa posición GPS

Contactos de Confianza é unha aplicación que permite que poidamos compartir a nosa situación con amigos íntimos e parentes para que poidan dar connosco en caso de emerxencia.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 06.12.2016 
A- A+

Dende hai tempo temos ferramentas móbiles que permítennos compartir a nosa posición GPS, pero normalmente requiren de atención pola nosa banda, polo que en situacións de emerxencia poden carecer de utilidade, de aí que Google estree Contactos de Confianza, unha nova aplicación móbil que podemos descargar de balde de Google Play e que permite que engadamos aos nosos familiares e amigos íntimos como contactos de confianza para que poidan solicitar a nosa localización, de xeito que, se non estamos en perigo, podemos rexeitar a solicitude e, se non contestamos en 5 minutos, a posición do noso GPS remitirase ao solicitante incluso aínda que o teléfono estea fóra de cobertura ou sen batería.

A aplicación tamén permite un uso proactivo, de xeito que podemos remitir a nosa localización aos nosos contactos se cremos estar en perigo ou nunha situación de emerxencia, aínda que cando máis útil resulte esta aplicación é cando unha persoa está desaparecida, xa que o seu smartphone pode servir de indicador de posición para facilitar a súa asistencia no caso de que lle acontecese algo malo e non estivese consciente para solicitar axuda.

Sen dúbida unha ferramenta que co tempo pode converterse de tanta utilidade como as que protexen o terminal de perda ou roubo, só que desta volta a seguridade xiraría ao redor do usuario, coa garantía de non vulnerar a intimidade das persoas ao facilitar información só a persoas autorizadas e en condicións moi concretas.