El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Un clon de Zelda chega ás consolas de nova xeración

Oceanhorn sae á venda para Xbox One e PlayStation 4, suplindo a carencia de The Legend of Zelda nas consolas de nova xeración

MARCUS FERNÁNDEZ  | 07.09.2016 
A- A+

Hai tres anos os fineses Comfox & Bros fixeron realidade un soño para moitos seareiros da saga de xogos The Legend of Zelda ao publicar para iPhone e iPad o xogo Oceanhorn: Monster of the Uncharted Seas, título claramente inspirado na franquía de Nintendo, que presentaba tanto uns gráficos moi coidados como un excepcional apartado sonoro (de feito, contaba con mestres como Nobuo Uematsu e Kenji Ito para a composición da súa banda sonora). Pero agora o número de usuarios que pode gozar deste sucedaneo de Zelda é aínda amior, xa que FDG Entertainment vén de estrear Oceanhorn: Monsters of the Uncharted Seas para Xbox One e PlayStation 4 a un prezo de 14,99 euros, ofrecendo gráficos Full HD a 60 imaxes por segundo e máis de 10 horas de xogo seguindo a súa emocionante historia que parte dun neno que terá que partir na procura do seu pai contando como únicas pistas un vello diario e un misterioso colar.

O rapaz terá que explorar as illas dos Mares Inexplorados, un mundo cheo de perigos, quebracabezas e segredos, tendo que derrotar a monstros, a prender a usar a maxia e descubrir tesouros antigos que axudarán na misión á vez que revela os misterios do antigo reino de Arcadia e do monstro mariño chamado Oceanhorn.