El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Spectacles, os lentes con cámara para Snapchat

Os novos lentes permitirán gravar 10 segundos de vídeo circular en primeira persoa para compartir en Snapchat.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 26.09.2016 
A- A+

A compañía detrás de Snapchat chámase agora Snap Inc., pero ese non é o seu único cambio, xa que, aparte de ter unha popular aplicación móbil, tamén está a preparar o lanzamento dun produto físico: uns lentes con cámara integrada que venderanse en breve a un prezo de 129,99 dólares.
As Spectacles levaríanse como uns lentes calquera e, no momento no que o usuario queira captar un momento, pode tocar o trebello para activar o rexistro de 10 segundos de vídeo en primeira persoa que transmitiranse sen fíos ao smartphone para compartirse a través Historias de Snapchat. Outro detalle curioso é que estes lentes cargaríanse na propia funda ríxida que inclúen.
Ao parecer non será un produto de venda masiva, senón que busca xerar expectación coa súa distribución limitada, e as súas cores rechamantes (pois, aparte de en negro, as Spectacles chegarán en verde azulado e en cor coral). A patilla dereita dos lentes serían o lugar no que se situaría a cámara, mentres que na patilla esquerda habería un anel de LED que indicaría cando os lentes están a gravar.
Como curiosidade, este produto que está previsto que se poña á venda no outono, gravaría vídeo en formato circular, buscando así que poida verse completamente con independencia de que teñamos o noso dispositivo móbil en vertical ou en horizontal.
O director xeral de Snap Inc., Evan Spiegel, define as Spectacles como un xoguete, ou sexa, que non parece que a compañía queira facer cartos con este novo produto senón, simplemente, explorar novas posibilidades de mercado.