El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Sae á venda Dragon Ball FighterZ

A nova produción de Bandai Namco promete ser o videoxogo definitivo de As Bolas Máxicas.

MARCUS FERNÁNDEZ  | 26.01.2018 
A- A+

Rematou a espera, e tras varias betas abertas os seareiros de As Bolas Máxicas por fin poden achegarse ás tendas a facerse con Dragon Ball FighterZ, un xogo de loita de Bandai Namco que está dispoñible para Xbox OnePlayStation 4 e PC (Steam), e que convídanos a rememorar as aventuras de Son Goku e os seus amigos a través de combates de 3 contra 3 nos que podemos recrear fielmente practicamente todos os ataques que puidemos ver na serie de animación xaponesa.

Pero este xogo non só aproveita aos personaxes clásicos e enfróntaos aos grandes malvados da serie televisiva, senón que incorpora unha figura inédita, a Android nº 21, unha das creacións do Dr. Gero que nunca apareceu nin no manga nin en televisión, e que deseñouse baixo a supervisión de Akira Toriyama buscando que encaixase á perfección no que para moitos é o xogo definitivo de As Bolas Máxicas ou , cando menos, o máis ambicioso e fiel dos comercializados até o momento.