El Correo Gallego

Tecnoloxía

Nokia volve aos smartphones

O novo smartphone da marca Nokia funcionará con Android e venderase a través de JD.com

MARCUS FERNÁNDEZ  | 10.01.2017 
A- A+

A compañía que se fixo coma marca Nokia, HMD Global Oy, non quixo esperar ao Mobile World Congress para anunciar o seu primeiro smartphone, o Nokia 6, que chegará inicialmente ao mercado chinés durante a primeira metade de 2017, procurando así recuperar a imaxe de Nokia como fabricante de produtos cun bo deseño, materiais de calidade e boa construción, o que parecen deixar claro co seu prezo de venda, que será de 1.699 iuans (232,92 euros), o que parece bastante elevado para un dispositivo comercializado en China e sen precedentes.
Dende HMD aseguran que a calidade da fabricación do Nokia 6 percibirase claramente, especialmente polo coidado na elaboración do seu corpo de aluminio unibody, que acolle unha pantalla IPS Full HD de 5,5 polgadas con Gorilla Glass 2.5D, procesador Qualcomm Snapdragon 430 (cun modem LTE X6), 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 16 Mpíxeles e frontal de 8 Mpíxeles (ambas cunha apertura de f/2.0), altofalantes de grande potencia (cun dobre aplificador de 6 dB e Dolby Atmos) e sistema operativo Android 7.0, co que presume de acadar unha grande autonomía. Polo momento Nokia limitará a súa distribución a unha única tenda en liña.