El Correo Gallego

Tecnoloxía

Nikotxán impartirá un obradoiro en Compostela

A Escola Unitaria terá en maio ao creador de Cálico Electrónico impartindo un curso de animación con tecnoloxía Adobe Flash.

Nikotxán durante unha charla na Hobbycon 2014 - FOTO: Marcus Fernández
Nikotxán durante unha charla na Hobbycon 2014 - FOTO: Marcus Fernández

MARCUS FERNÁNDEZ  | 03.04.2017 
A- A+

A Escola Unitaria, sita na Calzada de San Pedro en Santiago de Compostela, prepara para os días 20 e 21 de maio un interesante curso de animación para webseries con tecnoloxía Adobe Flash que impartirá Carlos Gómez Nikotxán, o creador da popular serie animada Cálico Electrónico e de moitas outras obras como Las Crónicas TrolPésame Street ou os YouTurris.
O curso de 12 horas busca introducir á animación de personaxes cadro a cadro e por interpolación de símbolos, incluirá exercicios de sincronización de beizos e actuación, incluirá a creación de multiplanos e aplicará as bases da animación, de xeito que calquera afeccionado á animación que queira dar os seus primeiros pasos terá unha excelente actividade que combina teoría e práctica.

Marcus Fernández
O creador de Cálico Electrónico na Coruña hai preto de 3 anos
FOTO: Marcus Fernández

Os interesados en acudir terán que levar o seu ordenador portátil co Adobe Flash instalado, auriculares e tableta gráfica (para debuxar), así como aboar os 100 euros de inscrición que ten este obradoiro que só permitirá a participación de 10 persoas.